Noticias de Galicia

Arrinca o programa municipal de soidade non desexada coa incorporación de 18 profesionais

Cando:

26 de outubro de 2024

O Concello nomeou a dez traballadoras sociais e oito auxiliares administrativos das 26 persoas que formarán o equipo profesional

O Concello da Coruña dá un paso máis na posta en marcha do programa municipal de atención e inclusión social ás persoas en situación de soidade non desexada coa incorporación de 18 traballadores e traballadoras para a execución do programa. 

Tal e como anunciara a alcaldesa, Inés Rey, o programa contará cun equipo profesional formado por dez traballadoras sociais, cinco educadoras sociais, tres técnicas de administración xeral e oito auxiliares de atención cidadá. O Concello nomeou esta semana a 18 das 26 previstas, incorporando xa ás dez traballadoras sociais e oito auxiliares. En proceso está o nomeamento das técnicas de xestión e educadoras socias que completarán o total do cadro.

O novo plan está deseñado para atender a todos os sectores da poboación afectados pola soidade non desexada, abordando a problemática de forma integral desde diferentes ámbitos. Así, prestarase atención a persoas maiores, persoas mozas, persoas con discapacidade, persoas en situación de desemprego e outros colectivos que, segundo os estudos, padecen este tipo de situación, incluíndo accións a nivel comunitario. Conta cunha duración inicial de tres anos e un orzamento total de 3,4 millóns de euros, dos cales 277.000 investiranse para a contratación deste primeiro equipo.

Coa contratación do persoal o Goberno de Inés Rey arrinca a primeira fase do plan co finde detectar de situacións de illamento social e soidade. Un diagnóstico xeral da cidade que se estenderá ata setembro do ano 2025.

Posteriormente, en xuño dese mesmo ano comezará xa a segunda fase, na que se elaborarán os proxectos de intervención cos datos obtidos, que deberán estar rematados en decembro do 2026. A execución de deses plans porase en marcha desde o ano 2026 en diante. 

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies