Noticias de Galicia

AJE Provincia da Coruña, convoca o XXV Premio Emprende Coruña

Cando:

21 de outubro de 2024

A entrega de premios será o xoves 7 de novembro no Palacio da Ópera ás 20:00 horas.

Enviámosvos información dun dos proxectos máis especiais para a asociación, o XXV Premio Emprende Coruña no que queremos recoñecer o gran esforzo que facedes por sacar adiante os vosos proxectos. Este galardón un ano máis recoñece e pon en valor a persoas e empresas como a túa, por iso encantaríanos contar contigo como candidata/ou a esta distinción emblemática na nosa comunidade, cuxo mero feito de participar é valor de marca, posicionamento e recoñecemento ao teu labor.

Data onde os membros do xurado, composto por diferentes autoridades, personalidades e empresarias/vos referentes farán público os premiados

  • Premio Iniciativa Empresarial 2024
  • Premio Iniciativa Emprendedora 2024
    • Accésit á Innovación-Nordés Club Empresarial
    • Accésit á Creación de Emprego
    • Accésit RSC-Vegalsa Eroski

As empresas que desexen presentar as súas candidaturas poden facelo ata o venres 25 de outubro de 2024 enviando os anexos ao email: info@ajecoruna.com

Os requisitos indispensables son as seguintes:

  • Empresas e autónomos con razón social na provincia da Coruña
  • Data de Constitución superior a 6 meses
  • Un mínimo do 25% do capital social constituído por menores de 41 anos

A través da seguinte ligazón atopardes o formulario para a inscrición como empresa candidata ao premio: https://forms.gle/FigAGBL71szfHE5S6

Achegamos as bases da convocatoria, así como os anexos para presentar.

Como conclusión, agradeceriámosvos que colaborásedes nesta XXV edición a través da difusión e a publicidade entre os membros que consideredes que poidan ter proxectos ou ideas que presentar, xa sexa a través de mailing interno, web e/ou redes sociais. Contas coa nosa axuda e apoio no que necesites para elaborar a documentación.

¡Esperamos contar contigo!

Enderezo:

Palacio da Ópera da Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies