Noticias de Galicia

A Coruña será o punto de partida do Rally Rías Altas de vehículos históricos, con 77 equipos participantes

Cando:

31 de outubro de 2024

A saída da proba será este venres 1 na praza de María Pita a partir das 18.00 horas

A Coruña e a súa praza de María Pita serán o punto de partida e de chegada dunha nova edición do Rally Rías Altas de vehículos históricos, que terá lugar este venres 1 e sábado 2, con catro tramos diferentes polos concellos da comarca que se percorrerán en dúas ocasións, conformando un total de máis de 100 quilómetros. O Concello colabora na organización desta proba e no seu desenvolvemento na cidade, que será a base e desde onde sairán, de maneira neutralizada, os vehículos.

Nesta ocasión haberá un total de 77 equipos participantes das categorías de velocidade e regularidade. A proba será puntuable para o Campionato de España de Rallys de Vehículos Históricos, sendo a última cita desta edición. Por tanto, os pilotos loitarán polos títulos do ano.

A cerimonia de saída levarase a cabo este venres 1 na praza de María Pita a partir das 18.00 horas. Previamente, no paseo do Parrote, realizaránselle as verificacións técnicas aos vehículos desde as 10.30 horas. O final do rally será novamente na praza de María Pita, o sábado ás 20.30 horas, coa cerimonia de entrega de premios e trofeos.

O Rally Rías Altas de vehículos históricos naceu no ano 2015, sendo esta a décima edición. A proba tivo sempre a súa base na cidade para percorrer o golfo Ártabro, con gran tradición neste tipo de competicións. Nesta edición, o rally pasará por Monfero, Paderne, Aranga e Irixoa.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies