Noticias de Galicia

A alcaldesa recibe a Elena Vázquez Arrojo, cuadrimedallista coruñesa en hípica

Cando:

22 de outubro de 2024

A xinete acadou catro podios na modalidade de salto, proclamándose campioa galega, subcampioa de España e bronce de Europa por equipos

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá a Elena Vázquez Arrojo, xove promesa da hípica na Coruña que este ano acadou catro medallas en competicións nacionais e internacionais na modalidade de salto. A xinete proclamouse este verán campioa galega, acadando o ouro no Campionato Galego de Hípica. A ese triunfo sumoulle unha prata no Campionato de España, proclamándose subcampioa na categoría infantil 1 estrela, a máxima categoría.

Ademais, durante a tempada, Vázquez foi seleccionada pola Federación de Hípica Española para conformar o equipo, sendo a única galega convocada para representar a España en tres copas de nacións europeas. Na modalidade por equipos acadou os outros dous triunfos, facéndose co bronce no Campionato de Europa e coa prata no Campionato de España.

Rey trasladoulle os parabéns polos triunfos e animouna a seguir mellorando: «Para nós é un orgullo contar cun talento coma o de Elena, grande embaixadora da cidade e da súa tradición deportiva» sinalou.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies